(…) A presente monografía substantiva algunhas das investigacións máis recentes desenvolvidas ao redor da Literatura Infantil e Xuvenil, a partir da súa variedade modal e xenolóxica e entendida consensuadamente como “materia insistuíbel” no proceso de formación lecto-literaria.
Baixo o título Formación lectora. Obras imprescindíbeis, reúnense estudos, unha entrevista, experiencias e propostas didácticas, ademais de recensións críticas, da autoría de investigadores portugueses e galegos interesados tanto na divulgación da crítica sobre a escritura para a nenez e mocidade coma na mediación lectora.
(...) Unha intención común emerxe, xa que logo, destes textos: valorar a relevancia dun conxunto esteticamente recoñecido de obras situadas no ámbito da literatura para a infancia e a xuventude na formación lectora. Posibilitar a mediadores da lectura, cun maior ou menor grao de especialización, un coñecemento máis profundo e sistemático de textos e/ou obras entendidas como básicas na formación dun lector competente e crítico – nas palabras de Umberto Eco un “leitor do segundo nível”, ou sexa, aquel que, para selo, precisa de “ler muitas vezes, e certas histórias têm de ser lidas até ao infinito” (Eco, 2014: 210)–, a través da presentación de análises e da proposta de liñas de lectura, é, pois, o fin último deste volume, que propón tamén e, en última instancia, unha visión compartida e aberta (francamente intercultural) sobre a escrita orientada ás primeiras idades.

As cordinadoras /coordenadoras

TEXTO EM PORTUGUÊS E EM GALEGO

FORMAÇÃO LEITORA. OBRAS IMPRESCINDÍVEIS

€12.00 Preço normal
€10.00Preço promocional
  • Ana Cristina Macedo
    Eulalia Agrelo Costas
    Sara Reis da Silva
    (Coordenação)

    Ano: 2014
    Formato: 14,0cm x 21,0cm
    Nº de páginas: 272
    ISBN: 9789898582362